PRODENI

Ir a Página principal

 

De Prodeni al Conselleiro de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia (redactado en lengua galega).

Caso neno de Vigo sin escola pola negativa da Administración a darlle plaza noutro colexio:

Señor Conselleiro: Faga o favor e concédalle a praza ao neno de Vigo e ao seu irmán, que xa bastante estalles facendo pasar, que él pensa que vostedes non o queren, e di que non fixo nada malo e que ao “Santa Cristina” nin velo en pintura ¿ou é que vostede non se da conta diso?

Mire, don Xesús, non o poña peor do que está con iso da denuncia aos pais porque non vai ir a ningunha parte en canto que son precisamente os pais os que teñen verdadeiro interés polos seus fillos, os que loitan porque estean escolarizados, e vostedes erre que erre que ten que ser no “Santa Cristina”, como se iso fora dogma de fe.

E, claro, agora que vostede di aos medios que vai poñer en marcha unha lei sin desenrolar desde fai dous anos; que vai poñer os plans eses de convivencia, o protocolo contra o acoso escolar… descubrimos que o sistema educativo galego está falto de todo iso, que os centros non teñen plans de convivencia, que ninguén conta con protocolo contra o acoso escolar, e pra remate os mestres, os pais, toda a comunidade educativa claman nos medios que síntense orfos de mecanismos, de recursos, que os presupostos descenden, que non saben o que facer; vamos, o caos pra un observador alleo.

E pregúntolle eu: deste xeito ¿cómo é que vostede pon a man no fogo polo colexio “Santa Cristina”, e di con tanta firmeza que non houbo nada de nada co neno, e que todo é unha montaxe dos pais? Si o colexio non ten plan de convivencia, nin protocolo (vainos crear agora a xunta), e si atémosnos ao panorama xeral que vostede mesmo escenificou nesa roda de prensa ¿Cómo é que a poñe?

¿Non lle parece bastante castigo ter ao neno nove semanas decíndolle que non, que: “o volve a o “Santa Cristina” ou nada”? ¿É correcto o que fai? Dígolle eu que non, e  dinllo milleiros de cidadans cada vez máis alarmados polo seu empecinamento contra unha familia a quen acusa dun delito que vostede sabe que non cometeu, pois o delito de absentismo escolar fala de abandono familiar, de neglixencia, nuns termos que nada teñen que ver co que aquí acontece.

Mire, Don Xesús, vostede o que fai con este neno e o seu irmán e unha forma de acoso en toda régula, e unha maneira de escrache que polo seu poder institucional e mediático non ten necesidade de poñerse diante do seu lar, de tal xeito que a eles lles falta a vida pola angustia que padecen, ¡si ata o neno pensa que o van a retirar dos pais! porque ademáis de privarlle dunha plaza nun novo colexio, os ameaza e os denuncia, sácalles a relucir alusións confidenciais do seu pasado escolar e insiste en todo iso en públicas declaracións? ¿Non é un acoso, e un escrache, e un maltrato institucional? O é, oh, o é, póñase como se poña.

Señor Conselleiro, déalles a praza que lle piden que por iso non se lle van caer os aneis, e aparte de si o descrédito no que está metendo ao sistema galego de educación.”

27 de maio 2013